+034 986 09 02 04 Mércores 23 de Setembro de 2020

O Concello inicia o desbroce das rutas de sendeirismo


Apostar por un turismo activo e de natureza é un dos eixos nos que está a traballar o Goberno local, que mantén en bo estado todas as rutas de sendeirismo que se poden realizar no termo municipal.

O Concello de Marín iniciou a pasada semana os traballos de desbroce e limpeza de varias rutas de
sendeirismo, como é o caso da Ruta Monte e Praias, que xa está rematada, así como a do Monte Pituco,
na que se está a traballar.
Con esta limpeza, trátase de manter no mellor estado posible estes espazos naturais, moi utilizados pola
veciñanza para o deporte e a práctica do sendeirismo, o que supón impulsar un turismo activo e de
natureza que pode ser unha gran alternativa para estes meses de verán.
Ademais, segundo informou a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, estase tramitando a contratación
da limpeza da Ruta de Subida ao Lago Castiñeiras. Unha vez que se lle dea luz verde á adxudicación,
comezarán estes traballos.

Deja un comentario