+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

Fernando Domínguez, portavoz do Grupo Municipal do PP do Rosal pide á alcaldesa que «traballe en dar solucións eficaces aso veciños e veciñas do Rosal»


O portavoz do grupo municipal do PP do Rosal, Fernando Domínguez, manifesta o seu malestar #ante a ineficaz solución exposta polo equipo de goberno, #ante a apertura dos parques infantís.
Hai uns días o goberno municipal comunicou que permanecerían pechados os parques por responsabilidade e que é inasumible executar as medidas sanitarias establecidas. #Ante esta afirmación
suxerímoslles:
– Que comproben que están pechados os parques, porque verán que uns o están, outros non e outros a medias.
– Que os manteñan limpos aínda que os pechen, porque o impacto visual dalgúns, nos que a maleza impide ver as instalacións, é lamentable.
– Que reconsideren o peche do parque de Pías, é o noso parque por excelencia, debemos poñelo ao dispor daqueles pequenos e pequenas para o seu uso e goce. Realmente é inasumible que un traballador municipal pase á primeira hora da mañá cunha mochila con desinfectante?. Poñan tamén ben visibles no parque as normas de uso, responsabilidade individual, e tomen as medidas necesarias para controis periódicos de aforo, pero permitan o goce. Todo isto dá un traballo especial pero esa é precisamente a súa misión; cremos que é falta de vontade non de recursos.

Outra suxerencia no que respecta a as zonas de baños: por favor, poñan as medidas necesarias para o control de aforo. E non nos digan tamén que son inasumibles.
Os veciños e veciñas do Rosal elixíronlles democraticamente para que resolvan problemas e proporciónenlles calidade de vida, non para obviar problemas que requiren unha solución traballada. Non admitimos a escusa de que non hai recursos económicos.

Deja un comentario