+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

A Deputación abre o prazo de inscripción para a webinar de Gloria Gubianas «Como cambiar o mundo a través da empresa»


O evento terá lugar o 2 de xullo e nel actuará como poñente a cofundadora de Hemper e “Premio Mujer Emprendedora del Año 2019” en España

A Deputación de Pontevedra abriu o prazo de inscrición ao través da páxina web de SmartPeme para poder participar na charla en formato webinar “Como cambiar o mundo a través da empresa”, que terá lugar o xoves 2 de xullo a partir das 10.00 horas. O evento, que se desenvolverá a través da ferramenta Zoom, terá como poñente a Gloria Gubianas, cofundadora da marca Hemper e galardoada como Muller Emprendedora do ano 2019 en España.
O acto está enmarcado na campaña informativa de seminarios on line, que a Deputación estableceu a raíz da Covid19, destinados a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas na procura da reactivación do emprendemento entre a poboación e propiciar o crecemento económico sostible mediante a formación.
A poñente Gloria Gubianas foi escollida como “Mujer Emprendedora del Año 2019” cando apenas contaba con 24 anos. Hemper, a súa marca de mochilas e complementos, ten unha marcada vocación de impacto social posto que os elementos de moda xuvenil que vende son de carácter sostible ó ser feitos a
man en Nepal e só están compostas con cáñamo, polo que se traballa cunha das teas máis respectuosas co medio ambiente e, á vez, dáse emprego ás familias e comunidades en risco de exclusión social. Por este motivo, a empresa cumpre os máis altos estándares de impacto ambiental e social.

Deja un comentario