+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

«Resposabilízate», a Campaña da Deputación que apela directamente a cada persoa para lograr unha xestión correcta dos residuos da covid


 

Mascarillas, luvas e botes de hidroxel teñen que ser depositados nos contedores correctos para evitar danos á saúde, ás nosas cidades e ao planeta

Carmela Silva: “Unha mascarilla tarda 400 anos en descompoñerse, temos que reafirmar o noso compromiso individual e colectivo co medio ambiente”

Co obxectivo de lograr unha xestión correcta dos novos residuos sanitarios de uso doméstico que utiliza a cidadanía para protexerse da Covid19, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova campaña de información, enmarcada no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, para evitar danos ao medio ambiente.
A crise sanitaria provocou grandes transformacións a nivel doméstico tanto nas pautas de consumo como na clase de residuos que se xeran en millóns de fogares. Por elo, co lema de “Responsabilízate”, a presidenta provincial presentou a campaña que apela directamente á responsabilidade individual, “máis necesaria que nunca”, á hora de desfacerse do material de protección como mascarillas, luvas ou os botes de hidroxel que teñen que depositarse nos contedores correctos.
Con imaxes de impacto que mostran praias, parques e bosques onde non se pode arroxar o material sanitario, “Aquí non”, a campaña da Deputación lembra que mascarillas e luvas non son reciclables e deben depositarse no contedor de descarte, de cor verde ou gris, segundo o municipio; tamén, que os botes baleiros de xeles desinfectantes deben deixarse no contedor amarelo xunto ao resto de envases de produtos de limpeza. Carmela Silva sinalou que “un pequeno xesto como reservar as mascarillas ata poder depositalas nos contedores de residuos orgánicos ou restos, ou levar os botes de xel ao
contedor amarelo de envases pode previr danos irreparables no noso entorno máis próximo”

A presidenta lembrou que España é o sexto país da UE onde máis se reciclan os envases polo que “é o momento de reafirmar este compromiso colectivo xestionando de forma correcta o novo lixo que xeran os fogares“. Nese sentido relatou os moitos danos que estes residuos sanitarios ocasionan ao medio
ambiente. “Mascarillas e guantes de látex ou nitrilo son esenciais para protexernos da Covid-19, pero tiradas no chan poden supor unha importante ameaza para a saúde dos demais e para o noso planeta se rematan na ría, nos montes ou no sistema de sumidoiros das cidades e pobos ao non degradarse”. Carmela Silva recordou tamén que unha mascarilla tarda ao redor de 400 anos en descompoñerse na natureza e que os guantes tamén son altamente contaminantes e perniciosos se rematan no fondo do mar ameazando a vida dalgunhas especies. Solo España fabricará durante o mes de xullo máis de 100
millóns de mascarillas para subministrar a hospitais, corpos e forzas de seguridade e para protexer á poboación en xeral. “O esencial, rematou a presidenta da Deputación, é facer un uso correcto do material de autoprotección durante o seu uso á hora de desbotalo. Facemos por elo un chamamento á cidadanía porque pandemias globais como esta tamén teñen moito que ver coa perda da biodiversidade e o mal uso dos recursos”.
A Deputación de Pontevedra traballa de xeito efectivo para reducir o impacto ambiental negativo das cidades e preservar os recursos naturais da provincia.
Outra das liñas de traballo enmarcadas nos ODS son as accións encamiñadas a reducir a xeración de desfeitos mediante actividades de prevención, redución, reciclado e reutilización. Este marco é o que inspira o lanzamento desta campaña de sensibilización que busca situar a Pontevedra como un referente no tratamento responsable do novo lixo xerado pola Covid-19 e a protección do medio ambiente como responsabilidade colectiva.

Deja un comentario