+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

#Covid-19 SmatPeme pon en marcha outros seis obradoiros online na vindeira semana


Ata o 3 de xullo o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre optimizacións de imaxes, ferramentas de chat ou ciberseguridade

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta na vindeira semana seis novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas
para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
A semana comezará este luns co obradoiro “Mellora a túa presenza online promocionando as entradas do teu blog”, ás 13:00 horas, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas. De cara ao martes 30, realizaranse dous obradoiros, ás 12:00 o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartirá “Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio” e pola tarde, ás 17:00 horas, será a quenda de “Optimización de imaxes: Mellora a velocidade da túa web”, a cargo de Lara Taboada, titulada
superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.
O mércores 1 de xullo, a partir das 12:00 horas terá lugar “Ferramentas de chat e atención ao cliente”, que impartirá a licenciada en Publicidade e Relacións Públicas Fátima Faílde. No que respecta ao xoves 2, ás 17:00 horas, Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, desenvolverá o obradoiro “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest”; e, para rematar a semana, o venres 3 ás 12:00 horas chega “Ciberseguridade – Por que necesito unha VPN? Configuración básica”, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.

Deja un comentario