+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

O Concello insta aos propietarios de parcelas a desbrozalas de cara á época estival


Abríronse varios expedientes co obxectivo de facer cumprir a esixencia de manter en bo estado e sen maleza as parcelas privadas, especialmente nesta época de verán na que coa calor poden producirse conatos de incendios.

O Concello de Marín informa de que está traballando na tramitación de apertura de expedientes de xestión de biomasa, é dicir, de limpeza de parcelas, para así facer cumprir coa obrigatoriedade de manter os terreos privados en bo estado, sobre todo de cara á época estival, para evitar posibles conatos incendiarios.
Neste momento, están abertos varios procedementos en Concepción Arenal, en Inferniño, na subida desde esta rúa até o Cemiterio e nunha área intermedia entre Quevedo e Pumariño.
Moitas destas tramitacións inícianse debido a queixas vecinais que recibe o Concello, que asegura que será estrito debido á necesidade de manter libres de maleza e correctamente desbrozadas as parcelas particulares.
Deste xeito, intensificaranse os controis por parte da Policía Local para garantir que se leva a cabo esa
limpeza tramitada a través dos expedientes abertos.

Deja un comentario