+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

O concello de Nigrán reinicia o curso oficial de socorrismo para 11 empadroados ante o aprazamento inicial provocado polas circunstancias do covid-19


 

A declaración do Estado de Alarma e as sucesivas prórrogas afectaron de xeito directo a esta iniciativa impedindo o seu desenvolvemento segundo o calendario previsto

O Concello de Nigrán iniciou finalmente o día 26 de xuño con 11 empadroados o primeiro curso gratuíto da comarca para obter o título de socorrismo que outorga o certificado de profesionalidade requirido para traballar nas praias. O obxectivo era comezalo en marzo de cara a que contasen coa titulación esta tempada, pero as circunstancias derivadas do Covid-19 e os sucesivos estados de alarma impediron que se celebrase ata agora (a selección dos aspirantes mediante proba física eliminatoria xa quedara realizada en marzo, recibíndose 16 aspirantes dos que 11 pasaron as probas).

 

«O curso estaba programado para obter titulados de cara a este verán e finalmente será para o seguinte; anualmente se repite de falta de socorristas coa titulación requirida, polo que é importante celebralo», explica o alcalde, Juan González. Así, o compromiso do goberno de Nigrán coa seguridade e calidade asistencial nos areais e máximo, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia na tempada estival o Concello desexa atallar este problema na súa comarca. O Concello ofrece esta acción de xeito público e gratuíto investindo case 15.000 € en 11 prazas para empadroados (a duración total é de 420 horas e a formación práctica desenvólvese na Piscina Mancomunada do Val Miñor). “Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, motivo polo que hai escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias, unha circunstancia que desde o Concello queremos solventar ofrecendo esta formación de xeito gratuíto entre os nosos veciños", explica o alcalde, Juan González. Así, este verán a Mancomunidade ofertaba ata 30 postos, presentándose á selección realizada precisamente hoxe 17 aspirantes, polo que novamente se constata a carencia destes profesionais e a necesidade de formar máis. «Agardamos que estas 11 persoas que están agora a realizar o noso curso permitan cubrir o 100% das prazas o vindeiro ano, igualmente as nosas principais praias contarán con 2 postos en Praia América, 1 en Panxón, 1 en Patos, tendo socorristas e 3 voluntarios de Protección Civil cada un.
Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para velar pola seguridade dos usuarios de zonas de baño público en espazos acuáticos naturais, de forma autónoma ou integrado nun equipo de rescate e socorrismo, velando pola seguridade, previndo que se produzan situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

Deja un comentario