+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

O Concello de Redondela contratará a 25 persoas en situación de desemprego


As persoas contratadas reforzarán servizos básicos do Concello

O Goberno local de Redondela vén de anunciar a contratación dun total de 25 persoas en situación de desemprego que reforzarán os distintos servizos básicos do Concello de cara a mellorar a súa prestación á veciñanza.
Nesa liña e ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos, o Concello redondelán contratará 2 peóns forestais, 2 xardiñeiros/as, 1 técnico/a de empego, 1 técnico/a medioambiental, 1 informático/a, 3 guías turísticos, 2 traballadores/as sociais e 1 aparellador.
A estas trece persoas engadiranse outras dúas a través do plan Aprol Rural que serán 1 oficial forestal e 1 peón forestal.
Por último, e dentro das contratacións do Risga, para persoas en risco de exclusión social, outras 10 persoas comezarán a traballar para o Concello de Redondela: 7 operadores de limpeza e 3 peóns de vías e obras.
A alcaldesa Digna Rivas salientou a importancia destas contratacións que “permiten garantir a prestación de servizos de calidade á veciñanza e, por outra banda, contribúen a inserción no mercado laboral de persoas en situación de desemprego”.
Rivas expresou o compromiso do Goberno que preside “en contribuír á dinamización do mercado laboral e a mellorar a empregabilidade da veciñanza dentro das poucas competencias que, nesta materia, ten unha administración local”.

Deja un comentario