+034 986 09 02 04 Venres 10 de Xullo de 2020

Os votos conxuntos de EU SON e do PP impiden aprobar a operación de crédito para aboar 2,5 millóns de € a proveedores


O Partido Popular acadou o apoio dos dous concelleiros de EU SON que respaldaron o voto particular do grupo principal da oposición para deixar enriba da mesa a operación de crédito proposta polo goberno municipal coaligado PSOE-BNG. De xeito que a proposta de xerar ese crédito por importe de 2,5 millóns
de euros para pagos a proveedores e facturas pendentes de exercicios anteriores, non se poderá materializar, de momento.
Os 10 votos da suma de concelleiros do PP e EU SON derrotaron aos 7 votos da coalición PSOE-BNG máis o concelleiro da UDDL, Manuel Carrera. Eva García manifestou ao termo da sesión plenaria presencial celebrada esta tarde, a porta pechada, que “lamentamos que os concelleiros de EU SON cambiasen de opinión co respecto ao negociado con este goberno ata hoxe e que semellante cambio de criterio afecte a centos de empresarios, autónomos e outros proveedores que, de momento, non poderán cobrar por traballos realizados para este Concello”.
Eva García lembrou que no presente mandato os concelleiros de EU SON xa teñén apoiado outra operación de crédito para recoñecemento extraxudicial de débedas “polo que non entendo
que agora exisan responsabilidades políticas a esta alcaldesa cuia investidura votaron a favor hai un ano”, manifestou a rexedora.
No pleno EU SON a través do seu voceiro Pedro Ocampo chegou a pedir a dimisión de Eva García “pola súa responsabilidade política na xestión económica do Concello nos últimos cinco anos”, segundo explicou Ocampo Cardalda. O voceiro de EU SON amosou as súas dúbidas sobre a suficiencia dos informes que avaliaban as facturacións pendientes.

Pola súa banda, o Partido Popular presentou un voto particular oponiéndose a que prosperase esta operación de crédito, en disconformidade “con que se paguen unhas facturas e outras non”, segundo o seu voceiro. Alejandro Lorenzo volveu a esixir unha revisión de oficio de todas as facturas pendentes na conta 4/13 que cifrou en perto de 5 millóns.
A voceira do PSOE, Lourdes Moure lembroulle a Alejandro Lorenzo que “o último goberno municipal do PP do que vostede formaba parte, chegou a traer ata 18 millóns de euros en recoñecemento extraxudicial de débeda e o xustificaban con que non podía pararse a economía local”. Moure Varela imputoulle a
Alejandro Lorenzo “é vostede o concelleiro 4/13, vostede só quere bronca”.
Pola súa banda Pedro Pereira xustificou o apoio do BNG á operación para pagar aos proveedores afectados en base a que “non é bó que incrementar a conta 4/13 e o desexable sería que academos rebaixa-la durante este ano”, manifestou o primeiro tenente de alcalde.
Finalmente Manuel Carrera considerou que “sexan benvidos eses 2,5 millóns de euros en pagos a proveedores nun ano tan complicado e condicioado pola pandemia”, valorou o concelleiro
da UDDL.

Outros acordos
No mesmo pleno, o goberno municipal acadou a aprobación da modificación da ordenanza de estacionamento en “Zona Azul” e por unanimidade acordouse a adhesión do Porriño ao Centro Provincial de Acollida de Animais (“CAAN”). dependente da Deputación.

Deja un comentario