+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

XIV Xornada de Billarda este sábado no pavillón do San Narciso


A asociación Gharaboto, coa colaboración do Concello de Marín, organiza este sábado 4 de xullo ás 17,00 horas a XIV Xornada de Billarda. O evento terá lugar no pavillón do San Narciso e tamén conta coa axuda da Asociación Cultural e Deportiva Billarda Rías Baixas.
O evento contará con todas as medidas de prevención e hixiene recollidas pola Agrupación de Petanqueiros de Pontevedra na última reunión da súa xunta directiva.
Deste xeito:
• Non poderán xogar máis de 10 xogadores en total
• O boliche só o moverá unha persoa por equipo
• A medición será realizada por unha única persoa
• Antes do inicio do xogo, deberán desinfectarse as mans e será obrigatorio o uso de mascarilla

Deja un comentario