+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

Denunciemos as actitudes incívicas e rematemos cos vertedoiros incontrolados


A concellería de Medio Ambiente solicita a colaboración cidadá na denuncia dos e das responsables dos vertedorios incontrolados

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, atopou un novo vertedoiro incontrolado no
Confurco . Rosa Covelo solicita a colaboración cidadá para atopar aos e ás responsables destes
vertidos que supoñen un atentado para o medio ambiente pero tamén unha falta de consideración e
respecto polos bens comúns e polo resto da veciñanza.
Rosa Covelo adianta que se abrirá unha investigación que conlevará unha sanción unha vez que se
atope ao ou á culpable dos feitos.

«Non podemos seguir consentindo este tipo de actitudes que obrigan ao resto da veciñanza a convivir
con residuos indesexados xa que o servizo de recollida de lixo ten unha programación semanal que
non se pode estar alterando contínuamente para retirar os vertedoiros incontrolados. Todos e todas
xuntas debemos atopar aos responsables e facilitar ao Concello todos os datos posibles que axuden
na investigación», explica a concelleira.
A cidadanía pode contactar co departamento de Medio Ambiente no número de teléfono 986 64 00
00 e solicitar cita previa ou enviar un correo electrónico ao enderezo medioambiente@ponteareas.gal
Rosa Covelo recorda que a cidadanía dispón dun punto limpo e do servizo de recollida de enseres
totalmente gratuítos cos que poden contactar no número de teléfono 986 640 307 para desfacernos
dos mobles voluminosos sen ter que movernos da casa ou achegándoos ás instalacións do punto
limpo. Previa solicitude poderemos deixar os nosos enseres xunto aos contedores cada xoves desde
ás 21 horas ata o venres ás 06:00 horas.

Deja un comentario