+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

A Xunta compensa aos procuradores da quenda de oficio pola paralización da actividade debido á crise sanitaria da covid-19


A contía que xa recibiu o Consello Galego dos Procuradores enmárcase no convenio asinado co Goberno galego para contribuír ao funcionamento da
A Xunta compensa aos procuradores que atenden a quenda de oficio para contribuír ao funcionamento e ao mantemento deste servizo que se viu afectado pola paralización da actividade xudicial durante o estado de alarma polo coronavirus. Así, o Consello Galego dos Procuradores xa recibiu as compensacións
resultantes do convenio asinado co Goberno galego.
A través deste acordo, dotado con 149.000 euros, a Xunta pretende compensar a baixa actividade como consecuencia da crise sanitaria da covid-19 deste servizo público básico e esencial. Deste xeito, contribúese a paliar o impacto provocado no sector pola pandemia.
Trátase dunha medida de carácter urxente para facer fronte ás circunstancias excepcionais, que o coronavirus está a causar en tódolos ámbitos, con importantes consecuencias sociais e económicas.
A Asistencia Xurídica Gratuíta está considerada polo Goberno galego como un servizo fundamental para garantir a igualdade de condicións de todos os cidadáns no acceso á xustiza, un obxectivo no que os procuradores da quenda de oficio teñen un papel imprescindible.
Nesta liña, cabe lembrar que Galicia é unha comunidade que paga pronto e puntualmente as certificacións remitidas polos colexios profesionais de avogados e procuradores. Ademais, téñense feito diversas melloras no servizo nos últimos anos tanto coa redución dos tempos de pago aos profesionais como no incremento das remuneracións dos letrados e procuradores da quenda de oficio.

Deja un comentario