+034 986 09 02 04 Domingo 24 de Xaneiro de 2021

O Concello de Salceda homenaxeará o traballo de Protección Civil no Estourazo


A Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Salceda é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda nesta edición especial marcada pola pandemia do coronavirus. A cita será o vindeiro sábado 18 de xullo ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os voluntarios e voluntarias de Protección Civil serán os encargados de disparar o xa tradicional “estourazo”, que este ano chega á súa decimoprimeira edición.
A Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil foi elexida polo Equipo de Goberno en recoñecemento á súa laboura desinteresada ao longo de tantos anos en eventos e emerxencias de Salceda e arredores, pero sobre todo polo inmenso traballo que a agrupación realizou durante o estado de alarma, fundamentalmente no momento do confinamento máis estricto, con innumerables horas de traballo adicadas ao servizo público durante todo o ano, pero especialmente nestes momentos. Protección Civil realizou, entre outras, tarefas de apoio ás persoas máis vulnerables ou tarefas de limpeza e desinfección de espazos e mobiliario público. Ademais aproveitaban as súas saídas para dar mensaxes de ánimo á poboación e facer máis amena a estancia nas casas, con multitude de solicitudes da veciñanza para que
felicitasen aos nenos e nenas que cumpriron anos durante o confinamento. Compra de mediciñas para as persoas de risco, compra de alimentos ou entrega de deberes e material escolar son só algúns dos exemplos das tarefas realizadas polo colectivo nestes últimos meses, aos que hai que engadirlles as accións que seguen realizando durante todo o ano, como retirada de árbores caídas, asistencia en accidentes, apoio en eventos, etc
O Estourazo, que este ano celebra a súa decimoprimeira edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc., e aínda que este sexa un ano especial no que non se celebrarán as tradicionais verbenas na Praza do Concello, si que se manterá parte da actividade cultural das festas, como o mencionado estourazo, que de novo estará acompañado, como ven sendo tradición, pola Agrupación Gaiteira de Salceda.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “a homenaxe deste ano era obrigada para o grupo de Protección Civil. O traballo voluntario deste grupo de persoas resultou fundamental durante a época máis dura do confinamento, e segue a ser imprescindible hoxe en día. Nunhas festas especiais e diferentes como as de este ano, queremos agradecer este inmenso traballo, co convencemento de que a veciñanza se unirá a esta máis que merecida homenaxe”

Deja un comentario