+034 986 09 02 04 Martes 19 de Xaneiro de 2021

Galicia inviste preto de 1,85M€ na posta en marcha de 5 programas de empleo que benificiarán a 80 mozos e mozas do Salnés e Caldas


O Goberno galego leva a cabo esta iniciativa en coordinación cos concellos, mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes ou vinculadas aos mesmos
A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver o programa de emprego para persoas mozas do que se beneficiarán preto de 80 menores de 30 anos da comarca do Salnés a través dun investimento de case 1,85M€.
Os programas de emprego desenvolveranse en Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Cambados, a Mancomunidade do Salnés e os concellos de Moraña-Valga de xeito agrupado, xa na comarca de Caldas. Así, en Vilagarcía porase en marcha “Labora Xove 2020”, mentres Vilanova de Arousa será escenario do obradoiro de hostelería “Mar de Santiago” e Cambados contará co programa “Cambados Emprendedor II”. A Mancomunidade do Salnés poñerá en marcha “Promoción turística do Salnés” e Moraña xunto a Valga desenvolverán “Xóvenes”. Cada programa estará apoiado cunha aportación da Xunta de Galicia de
369.494,32 euros.
Na provincia, serán 8 os programas que se porán en marcha cun investimento de case 3M€, o que permitirá beneficiar a 128 desempregados. Aos concellos das comarcas do Salnés e Caldas hai que sumar os de Redondela, Vigo e Mos.
Á hora de seleccionar os 19 programas definitivos tivéronse en conta criterios como que o municipio beneficiario fose resultado dunha agrupación, fusión ou se tratase dun Concello Emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estivesen relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardasen relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.
Está previsto que ao longo do mes de xullo se activen estes programas para o que será necesario levar a cabo unha selección dos 297 participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.

O alumnado obterá formación e, ademais, disporá dun contrato de traballo. Deste xeito, os programas melloran a empregabilidade das persoas que toman parte nelas a través da formación, á vez que se realizan actuacións de mellora das dotacions públicas e a prestación de servizos de interese xeral e social no eido local. Percibirá un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses -este ano unha das novidades foi a ampliación do programa dos 6 aos 12 meses-. A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas
pagas extraordinarias.
A Xunta seguirá apostando pola formación e pola cualificación dos galegos e galegas como unha das claves da recuperación económica poscovid-19. De feito, a nova Axenda de emprego -que prevé mobilizar máis de 225M€- contempla a formación como unha das súas prioridades.

Deja un comentario