+034 986 09 02 04 Mércores 02 de Decembro de 2020

O concello da Lama consegue da Xunta uns 36.000 euros para rehabillitar dúas antigas casas de mestres para converti-las en vivendas sociais


O equipo de goberno pretende dispor dun parque de vivenda de promoción pública para favorece-lo alugueiro social

 

O Concello da Lama acaba de conseguir unha subvención da Xunta de Galicia duns 36.000 euros que irán destinados a rehabilitar as vivendas número 6 e número 8 da Avda. do Concello, pertencentes ao bloque das antigas casas dos mestres.

A intención do equipo de goberno é comezar con estas dúas vivendas un programa de reforzo da oferta do parque de vivendas públicas para favorece-lo alugueiro social e aquelas familias que estean en disposición de vivir na Lama con dificultades para atopar unha vivenda digna podan acollerse a esta modalidade de carácter social.

As obras que se acometerán irán destinadas a lograr unha mellor distribución interior das vivendas e adaptalas a unha demanda máis axeitada ás necesidades do momento. Asemade, procederase a eliminar problemas de humidade e habitabilidade, cambio de tabiques, portas, xanelas e demais, así como unha reforma integral das mesmas con pintado incluido.

Con esta iniciativa o Concello da Lama pretende ofrecer solucións de habitabilidade para familias xóvenes ou incluso atender algún caso de violencia de xénero que demande da necesidade de habilitar unha vivenda para acoller a unha familia afectada por este problema.

Jorge Canda agradeceu á Xunta de Galicia o interese e a boa disposición a colaborar co Concello na búsqueda de solucións de habitabilidade no rural para persoas e familias que por diversas circunstancias non poden acudir ao mercado libre da vivenda e que, deste xeito, poden beneficiarse dos baixos prezos que ofrece o alugueiro social.

A intención do equipo de goberno é seguir por esta senda e ampliar, no posible, o número de vivendas de carácter social que se podan poñer á disposición das familias que así o decidan e que queiran manter o seu enraizamento no municipio.

Deja un comentario