+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

Soutomaior quere integrar o transporte dos traballadores de citroën do municipio no transporte metropolitano


A medida abarataría o custo do traxecto e permitiría aos traballadores abonar só as viaxes que realicen

O Concello de Soutomaior acaba de comezar as xestións para integrar a liña de transporte dos traballadores de Citroën do municipio no transporte metropolitano da Xunta de Galicia. A medida xorde tras unha reunión entre o alcalde, Agustín Reguera, e os propios traballadores da factoría, e doutras empresas auxiliares.
Actualmente varias decenas de veciños do Concello de Soutomaior desprázanse a diario para traballar na factoría de Citroën en Vigo. Para iso contan cun servizo discrecional de transporte que os propios
traballadores custean mediante unha tarifa mensual, que abonan independentemente do uso que fagan do servizo ou se se atopan de baixa médica.
Tras reunirse co alcalde, a solución proposta polo goberno local é a integración desta liña, xestionada por Autos Arcade, no transporte metropolitano subvencionado pola Xunta de Galicia. Así, os traballadores
poderían facer uso desta liña por un prezo máis reducido e abonando só o custo das viaxes que realicen.
O alcalde destacou que a integración desta liña no transporte metropolitano da área de Vigo “permitirá que estes veciños afórrense un bo diñeiro cada mes nun momento no que a economía de moitas familias
está tocada como consecuencia da alarma sanitaria da Covid-19”, explicou Reguera.
Desde o Concello xa se remitiu un escrito á xerencia da empresa para instala a presentar a solicitude de integración e xa se solicitou unha reunión cos representantes da Xunta de Galicia para explicar a situación e a conveniencia da integración para os veciños.

Deja un comentario