+034 986 09 02 04 Luns 30 de Novembro de 2020

Redondela acollerá as probas da EBAU tanto para o alumnado do municipio coma o de Soutomaior


A alcaldesa de Redondela e maila concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, mantiveron no día de onte unha reunión con representantes do rectorado da Universidade de Vigo e dos equipos directivos

 

Os alumnos de alumnas de Redondela e do veciño concello de Soutomaior, poderán facer este ano as probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade) en Redondela de cara a evitar desprazamentos e garantir a seguridade sanitaria do estudantado durante a celebración das probas.

Así quedou acordado trala reunión que mantiveron a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino do Concello de Redondela, Olga García Ballesteros cos equipos directivos do IES Chapela, IES Mendiño, IES Floriani, IES Soutomaior e colexio Apóstol Santiago.

Serán, polo tanto, 186 nenos e nenas os que terán que superar as probas de acceso á universidade que se desenvolverán no pavillón de deportes da Marisma o martes 7 de xullo de 9 h a 17 h; o mércores 8 de xullo de 9 h a 14:30 horas e o xoves 9 de xullo de 9 h a 14:30 horas.

Olga García adiantou que, para esas datas, aplicarase un dispositivo especial para controlar o estacionamento e facilitar o mesmo para a realización das probas e a adopción “de todas as medidas de seguridade sanitaria que recomendan as autoridades para que a seguridade dos nosos nenos e nenas estea garantida”.

Tanto a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, coma a concelleira de Ensino, agradeceron “a colaboración e sensibilidade amosada, en todo momento, por parte rectorado da Universidade de Vigo”. Rivas lembrou que, dende o primeiro momento, mantivo un continuo contacto co reitor para que os e as estudantes de Redondela e Soutomaior puideran facer as probas en Redondela”.

Buscábamos, sinalou Rivas, “que os mozos e mozas puideran evitar desprazamentos co risco sanitario que neste momentos supón”. O Pavillón da Marisma, sinalou a alcaldesa de Redondela, ofrecía o lugar idóneo para a celebración destas probas, con estacionamentos nas inmediacións, e con espazo máis que suficiente para que os e as estudantes poidan manter a distancia de seguridade”.

Deja un comentario