+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

As praias de Area da Cruz e de Area Grande, afectadas por graves actos de vandalismo esta fin de semana


O Concello tomará as medidas pertinentes e considera a colocación de cámaras na zona.
Os postos de socorro e os aseos das praias de Area Grande e de Area da Cruz amenceron esta mañá con graves danos causados por vandalismo. Ademais de forzar os peches destes espazos, os delincuentes provocaron numerosas roturas de materiais e realizaron pintadas exteriores que deixaron estes espazos —que xa estaban en uso para a temporada de verán— en lamentables condicións.
Trátase dun verdadeiro atentado contra o patrimonio público que deberá ser adecuadamente castigado. O Concello do Grove xa iniciou os traballos para determinar a autoría ao tempo que se puxo en contacto coa Garda Civil para requirirlle o reforzo da vixilancia nocturna na zona, que é da titularidade deste corpo de seguridade. Ademais disto, e ante a gravidade dos feitos, o Concello está valorando a colocación de sistemas de videovixilancia nas praias para tentar evitar deterioracións nuns espazos en que o esforzo económico municipal é moi elevado, xa que se tenta manter uns servizos de calidade para as persoas usuarias dos areais.

Deja un comentario