+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

A Biblioteca Pública Municipal de Tui reabriu hoxe con todos os servizos


Establécense unha serie de medidas preventivas. Terá unha capacidade como máximo do 75%

A Biblioteca Municipal de Tui recuperou esta mañá o seu horario de apertura de mañá e tarde e o funcionamento de todos os servizos bibliotecarios.
Dende hoxe a Biblioteca tudense volve contar co servizo de préstamo e devolución de obras; consulta, lectura e estudo en sala; información bibliográfica e bibliotecaria; préstamo interbibliotecario e intrabibliotecario; colección en libre acceso; hemeroteca; actividades culturais presenciais e dixitais e información e referencia presenciais.
Establécense unha serie de medidas de prevención e funcionamento para un normal funcionamento do servizo e unha axeitada prevención sanitaria. Así as persoas usuarias e o persoal deben seguir as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade covid-19, así como a propia exposición aos estes riscos:
– A distancia interpersoal entre usuarios e entre estes e o persoal da biblioteca será de polo menos 1,5 metros. Poderá ser dun metro cando se conte con elementos de protección ou barreira
– Será obrigatorio o uso de máscara agás cando se permaneza sentado nun posto de lectura
– Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento, agás os supostos excepcionados. Os usuarios/as deberá desinfectar as mans antes e despois do seu uso ou manipulación.
– O lavado ou desinfeccións de más debe realizarse no acceso á Biblioteca, amais de antes e despois de manipular cada material de préstamo.
– No caso de usar a sala de lectura ou un posto de acceso a ordenadores, cada usuario realizará a limpeza e a desinfección do posto de lectura (cadeira e mesa) empregado tras o seu uso ou do ordenador e posto de consulta utilizado, solicitando os produtos requiridos ao persoal da Biblioteca.
– A capacidade máxima da Biblioteca establécese nun 75%
– Establécese un sentido único de circulación dos usuarios no edificio, estando debidamente sinalizado
– O ascensor só será empregado por persoas con mobilidade reducida.
– Recoméndase non usar os aseos

Deja un comentario