+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O concello coloca botóns de proximidade para oito semáforos en catro cruces da vila que entran en funcionamento hoxe


O Concello do Porriño anuncia a entrada en funcionamento de botóns de proximidade que non precisan contacto táctil para activar os semáforos. Trátase dunha medida relacionada cos protocolos de prevención anti-Covid19 co fin de previr riscos de contaxio.
Os botóns están colocados nos semáforos de tres cruces da vila. Un deles na Avenida Domingo Bueno, nº 2, á altura da cafetería “Scala”. Tamén na mesma avenida, nos semáforos sitos diante do Centro Cultural
Municipal e Biblioteca. E na rúa Antonio Palacios na intersección coa rúa Pérez Leirós. Quedan por colocarse noutros dous semáforos na rúa Antonio Palacios, fronte ao Instituto Pino Manso, pero agardarase a que conclúan as obras de ampliación de beirarrúas que están a facerse.
A implantación destes botóns nos semáforos substitúe ao funcionamento en ámbar no que se atopaban, unha medida que se implantou dende a declaración do estado de alarma, segundo decidiu a Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, para evitar contacto ao premer, en prevención de contaxios.

Deja un comentario