+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

O concello de Arbo organiza o concurso «Visita Arbo e gaña» para promocionar os recursos turísticos do municipio


Concello de Arbo anima a visitar a vila durante estes meses para gozar da súa gastronomía, hostalería, paisaxes, deportes de aventura, cultura e actividade e festexos e potenciar e promocionar a temporada de Lamprea e a Festa da Lamprea do ano 2021
Este concurso ven contemplado Plan de reactivación do Eixo Social,
Sectores Turisticos, Comercio Local e Tecido Empresarial de Arbo fronte aos efectos derivados da COVID-19, co obxetivo de promocionar, apoiar e axudar ao sector turístico de Arbo.

Un total de 20 establecementos participan no concurso: Restaurante a Rula, Restaurante a Vila, Restaurante os Pirus, Churrasqueria Torgan , Casa Cruceiro, Casa Grande Almuiña, Casa Pazos, Albergue Rural O coto, Vivendas Turisticas Eidos da Laxe, Vivienda Turistica Chan das Pugas, as empresas de Aventura no Rio Miño Arrepions e Vaguada Aventura e as Adegas Pazo Pondal, EidoSela, Marques de Vizhoja, As Laxas, Adega Carallán, Adegas Galegas, Adega do Ricón e o Centro de
Interpretación do Viño e da Lamprea

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalaría, os deportes de aventura, as adegas e a Festa da Lamprea, organiza o sorteo denominado “Arbo, Vila Da Lamprea”. Este Sorteo ten como obxectivo primordial dar a coñecer a lamprea e os viños de Arbo e promover os restaurantes e casas de turismo rural que ofrecen estes produtos identifícativos do noso Concello, as adegas de Arbo, así como as dúas empresas arbenses que organizan deportes no río Miño, o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo” e a tempada de lamprea e Festa da Lamprea do ano 2021. A promoción é dende o 6 de xullo ata o 31 de decembro de 2020, es os premios serán disfrutados dende o 15 de xaneiro o 15 de maio de 2021.

Poderá participar no sorteo todo comensal que acuda a comer lamprea aos restaurantes e casas de turismo rural, todos os que realicen actividades coas empresas de aventura arbenses, os hospedes que acudan os hospedaxes de turismo rural, as persoas que visiten as adegas do noso
Concello eTodos os visitantes ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” que degusten os viños presentes na vinoteca municipal.

Os premios de “Arbo,Vila da Lamprea”, consistirán en invitacións nunha nas casas rurais de Arbo, comidas ou cenads nun dos restaurantes ou casa de turismo rural de Arbo, vales canxeable para dúas persoas para practicar deporte de aventura no Rio Miño e lotes de viño da D.O Rias Baixas das adegas de Arbo participantes na campaña “Arbo, Vila da Lamprea”.

O Rio Miño, as Pesqueiras e a Lamprea, conforman unha fonte de riqueza gastronómica, cultural e económica para todos os arbenses que no ano 2003 foi institucionalizada ao inaugurarse o Centro de interpretación do viño e a lamprea-ARABO, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. Dentro da estratexia do Plan de reactivación do Eixo Social, Sectores Turisticos, Comercio Local e Tecido Empresarial de Arbo fronte aos efectos derivados da COVID-19, esta o apoio e promoción do sector turístico como o principal motor da economía arbense, e donde se contempla entre outras este concurso que ademáis de permitir atraer visitantes, tamén promocionan as adegas, restaurantes, as casas de turismo rural e as empresas de ocio cara a tempada 2021, que serán cando se fagan efectivos os premios cuxo custo asumirá o Concello de Arbo, remata o rexedor.

Deja un comentario