+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

A Alameda Tallo Rio acolle este sábado o concerto de música «Soutonight»


O acceso é totalmente gratuíto pero contará con restricións de aforo para garantir o distanciamento social

O Concello de Soutomaior inicia este sábado a súa programación de actividades de verán. Baixo o título “ Soutonight” o consistorio ten programada unha serie de concertos de pequeno formato durante as noites de verán. A primeira será mañá na alameda Tallo Río de Arcade a partir das 22:30 horas.
Estreando este novo formato de concertos de verán os integrantes da Pequena Gran Compañía interpretarán un repertorio aberto a todos os públicos no que, ademais dunha coidada posta en escena, incorporan diversos toques de humor que fan que os seus concertos sexan máis próximos, interactivos e divertidos.
O concerto será totalmente gratuíto, aínda que contará con restricións de aforo para manter as normas sanitarias. Ademais, será necesario atender ao resto de recomendacións e protocolos contra a Covid 19, como o uso de máscaras e o distanciamento social.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que se trata dun pequeno paso máis para ir recuperando aos poucos a normalidade, pero lembrou “que é moi importante ser responsable e seguir facendo as cousas ben polo ben de todos”.

Deja un comentario