+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

O concello de Nigrán ofrece este domingo na Alameda de A Ramallosa o concerto da Banda de Música do Val Miñor


O Concello de Nigrán ofrece dentro da súa programación especial de verán o concerto este domingo ás 12:00 horas na Alameda de A Ramallosa da Banda de Música do Val Miñor. O concerto encádrase nas actuacións habituais de verán neste espazo, repetíndose outro durante o mes de agosto. Paralelamente, o Concello ofrece o programa ‘Música nas parroquias’ mediante o cal unha banda actúa en sesión vermú no respectivo día do patrón/a de cada lugar.

Deja un comentario