+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

ACiP denuncia a existencia de toneladas de restos de poda e lixo abandonados nunha leira municipal situada nun Parque Forestal


O montante de restos de rozas atópase amontoado nunha leira Municipal. Estando no mes de Xullo, e sendo Ponteareas un Concello que forma parte do mapa de “máximo risco” decretado pola Xunta de Galicia, o Concello de
Ponteareas actúa contrariamente a todas as recomendacións co amontoo durante meses de toneladas de maleza, rozas e lixo nunha leira propiedade do Concello situada nas Chan da Picaraña, sendo un grave perigo, pois está situada no “Parque forestal da Picaraña”.
Para o Portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera isto é unha mostra máis do descontrol e da irresponsabilidade, xa que é máximo o risco de incendios.
Durante meses estiveron carrexando toneladas de restos de rozas para esta leira amontoando lixo, e agora chega o verán e é unha polvoreira con grave risco de incendio e inseguridade para as persoas.
Preguntámonos onde queda toda a propaganda barata que sustentaba este Goberno, cando ao comezo da lexislatura vendían aos catro ventos que cambiarían a política de eliminación de restos de poda e roza, non volvendo queimar mais pasando polo uso de triturados para crear compostaxe. Mentira tras mentira.
Grave tamén é que mentres o Sr. Represas envíalle cartas esixindo aos veciños a limpezas da súa propiedades en base á lei de prevención forestal aplicando sancións, e que todos debemos cumprir, o Concello incúmprea día tras día poñendo en grave perigo os nosos montes e a propia vida das persoas. A pregunta é sinxela, a quen sanciono?. Ao Sr. Represas directamente e que pauge do seu peto  a sanción pola súa grave irresponsabilidade.
Xa non caben máis mentiras nin falar do pasado, que asuman que están no goberno para gobernar non para manter os salarios máis caros da historia deste Concello. Lembrarlle que cobran sete Concelleiros.
Xa está ben, póñase a traballar e asuman a súa responsabilidade como goberno politicamente.

Deja un comentario