+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

O alumnado traballador do Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil recupera o mobiliario urbano do paseo de Pexegueiro


Tralo parón provocado pola crise sanitaria da COVID-19 e a declaración do estado de alarma, as/os alumnas/os traballadoras/es do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil do Concello de Redondela, volveron a retomar as súas actividades e traballan xa a pleno rendemento.

A labores centráronse na restauración do mobiliario urbano do paseo de Pexegueiro, arranxando e pintando bancos, colocando novas papeleiras e restaurando treitos de varanda que estaban estragados.

Deste xeito, ao mesmo tempo que adquiren habilidades laborais que lles darán maiores posibilidades de inserción no mercado laboral, alumnos e alumnas desenvolven traballos de utilidade para a veciñanza como, neste caso, na reparación de elementos dun paseo moi utilizado pola cidadanía.

Deja un comentario