+034 986 09 02 04 Venres 14 de Agosto de 2020

Axudas de 75,00€ para adquisición de libros e material escolar de infantil curso 2020-2021


 

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 28 de agosto de 2020, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes, mércores e xoves de 09.00h a 13.00h, previa cita telefónica no 697 911 050. Mais información, bases e modelo de solicitude en www.concellodesalvaterra.com.

Deja un comentario