+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

O Concello do Grove continúa coa súa programación cultural de verán con novas propostas e actividades


Esta martes volverán os contacontos e os xoves musicais correrar ao cargo dos Firrás.
O Concello do Grove segue coa súa programación cultura contando, nesta segunda semana con propostas para todos os públicos. Hoxe martes terá lugar na Biblioteca Municipal do Grove unha sesión de contacontos a cargo de Xarope Tulú, cun espectáculo dirixido á rapazada a partir de catro anos. Lembramos que, neste tipo de actividades a capacidade está limitada polo que é precisa a inscrición previa.
Xa o mércores ás 17.30 horas as Salgadeiras de Moreiras acollerán a entrega de diplomas a todos os participantes no Concurso do Día Mundial dos Océanos organizado pola asociación de Amigos do Espazo Museístico de Punta Moreiras en colaboración co Concello do Grove.
Para esta ocasión, e contando co patrocinio de Afundación, obra social de Abanca, os participantes asistirán a unha visita guiada da exposición fotográfica “Fillos do Océano” de Javier Teniente.
Tamén o mércores terá lugar unha nova sesión de Cinemas de Verán, que cambiará a súa ubicación sendo proxectada a película na Rúa Castelao a partir das 22.15 horas. “Mía y el León Blanco” será o título que se ofrecerá nesta ocasión. Xa o xoves volverán os xoves musicais coa actuación do grupo local “Os Firrás” ás 21.30 horas na Praza do Corgo. O venres 17 de xullo o Campo das Festas de San Vicente acollerán a actuación do Dúo Prisma dende as 22.00 horas.

Deja un comentario