+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

Diversas zonas de Marín xa teñen habilitada conexión WiFi de maneira aberta e gratuíta


A Finca de Briz, o Parque Eguren e a Alameda gozan xa deste servizo, encadrado dentro da WIFI4EU, impulsada en financiada pola Unión Europea.

Nestes días habilitouse en varias zonas de Marín unha conexión WiFi , aberta para todos, grazas ao impulso por parte da Unión Europea da iniciativa WIFI4EU, coa que se axuda á prestación deste servizo de maneira gratuíta en espazos públicos interiores ou exteriores, entre outras medidas.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Hugo González, informou esta mañá da posta en marcha desta nova opción de conectividade web, á que se poderá ter acceso nos seguintes puntos do Concello: a Alameda, o Parque Eguren e a Finca de Briz.
Para poder conectarse non é necesario descargar ningún tipo de aplicación. Bastaría tan só con aceptar os termos de uso da rede.
A instalación desta rede correu a cargo de Movistar, dentro dos requisitos solicitados pola Unión Europea buscando unha experiencia de gran calidade para o usuario cunha velocidade mínima de descarga de 30 Mbps.
A implantación desta rede WiFi busca impulsar a conectividade das persoas fóra do fogar, “especialmente nunha época que debido á crise da Covid19, as ferramentas dixitais, como as cartas a través de códigos QR, son completamente indispensables para manter as medidas de hixiene, necesitando deste tipo de redes públicas para a súa consulta”, explicou González.

Deja un comentario