+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

Nicolás González Casares visitou as escolas infantís de Lalín


O concelleiro de Benestar Social visitou as escolas infantís de Lalín. Nicolás González Casares estivo a comprobar as actuacións de mellora desenvolvidas durante o verán pola brigada de obras, como as solucións a filtracións nas instalacións de Pontiñas ou a reparación do valado no perímetro da do Polígono. Ao mesmo tempo tamén se interesou polo proceso de matriculación, no que a día de hoxe xa se comproba un incremento na demanda deste servizo en ambas escolas infantís.

Así, en Pontiñas están matriculados a día de hoxe 68 nenas e nenos e hai 12 solicitudes en lista de espera.

Na do Polígono hai 39 rapaces matriculados e hai tamén outras 12 solicitudes que se baremarán durante este mes. Caso de se matricularen todos os nenos que presentaron solicitudes, a escola infantil do Polígono xa tería máis matriculados que no inicio do curso pasado.

Para o concelleiro Nicolás González Casares, estes datos demostran que as escolas infantís son un servicio imprescindible en Lalín, no que non se xustifican de ningunha maneira os recortes de persoal que se produciron durante o verán. Casares tamén criticou de novo a decisión do Consorcio de querer cobralle ao Concello máis de 900 mil euros en concepto de gastos pola xestión das garderías nos últimos anos, “o que resulta inadmisible dende todo punto de vista e máis tendo en conta que se lles está a prestar un servizo importantísimo ás familias de Lalín”.

Deja un comentario