+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

Concello de Nigrán e Cineclub Alice Guy ofrencen este luns «La quimera del oro» con banda sonora en directo no cinema ao aire libre da Praza do Concello


A película de Charles Chaplin estará musicada polo guitarrista nigranés Felipe Villar, quen lle outorgará in-situ a súa propia versión sonora

 

O Concello de Nigrán e o cineclub Val Miñor-Alice Guy continúan este luns co seu primeiro ciclo de cinema ao aire libre ás 22:30 na Praza do Concello proxectando ‘La quimera del oro’ coa gran particularidade de que a banda sonora estará musicada en directo polo guitarrista nigranés Felipe Villar, director do Nigranjazz e quen lle dará a súa propia versión. Este filme está considerado como a comedía más perfecta de Chaplin. En 1925, na súa estrea en Berlín, a ovación do público asistente ao finalizar foi tan grande que volveron a poñela desde o principio.

O ciclo finaliza o luns 3 de agosto con ‘La playa de los ahogados’, longametraxe de Gerardo Herrero baseada no libro do vigués Domingo Villar e que ten moita vinculación con Nigrán ao desenvolverse boa parte da trama (da novela e da película) no municipio.

Deja un comentario