+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

A Deputación achega novos recursos por 700.000 euros aos municipios para investimentos do Plan Concellos e dotación de desfibriladores


 

O goberno provincial aproba axudas para obras e emprego destinadas aos concellos de O Grove, Gondomar, Cangas, Bueu e Salceda de Caselas

A institución dota de 34 novos desfibriladores semiautomáticos a outros 20 municipios cos que a Deputación suma xa 103 instalados en 41 concellos

A Deputación de Pontevedra ven de aprobar novas achegas aos concellos da provincia destinados á investimentos en equipamentos, emprego e saúde.
Deste xeito, a Xunta de Goberno destinará axudas por 600.000 euros para cinco municipios no marco do Plan Concellos 2020, e deu luz verde á contratación por preto de 78.000 euros para o subministro, instalación, a posta en funcionamento e as labores de mantemento de 34 desfibriladores
semiautomáticos (DESA) para instalar en espazos municipais de 20 concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes.
No que atinxe ao Plan Concellos, case 500.000 euros irán destinados á achegas da Liña 1 de Investimentos para catro concellos. No caso do Grove, recibirá 90.000 euros para realizar á súa aportación ao proxecto “Sanxenxo-O Grove: Polos Turísticos Intelixentes”, presentado pola Mancomunidade do Salnés é seleccionado na convocatoria de Red.Es “para dotar aos concellos de instrumentos tecnolóxicos” con destino á mellora dos servizos turísticos.
Doutra banda, Gondomar recibirá 67.000 euros para a instalación dun skate park, mentres que o concello de Bueu percibirá case 134.ooo euros para o financiamento da rexeneración do entorno da igrexa de Ermelo. E por último, Cangas recibirá preto de 194.000 euros para abordar a actuación de
acondicionamento na rúa Singulis e a praciña de Singulis, no casco vello da localidade, que está a sufrir unha grande transformación, maioritariamente con recursos da Deputación. Por último, outros 117.000 euros da Liña 3 de Emprego do plan beneficiarán ao concello de Salceda de Caselas, que poderá
contratar con esta achega a 12 traballadores e traballadoras.

No que respecta ao novo subministro de desfibriladores semiautomáticos para 20 concellos da provincia, o investimento ascende a 78.000 euros. Trátase da terceira adquisición que fai a institución provincial destes equipamentos e contando coas dúas anteriores son xa 103 os desfibriladores con que contan 41 municipios de menos de 20.000 habitantes. Os 34 novos desfibriladores instalaranse nos concellos de Caldas, Meaño, Moaña, Vilanova, Cuntis, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Silleda, Campo Lameiro, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, O Rosal,
Tomiño e Vila de Cruces.

Deja un comentario