+034 986 09 02 04 Luns 11 de Novembro de 2019

Gastronomía, música, títeres, unha exposición e visita guiada forman a programación para conmemorar en Tui a oitava Xornada Europea da Cultura Xudía


Onte martes, ás oito da tarde, tivo lugar a presentación da exposición e das actividades vencelladas á Xornada Europea da Cultura Xudía, na Sala de Exposicións da Área Panorámica. Asistiron á presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, Helena Rodríguez, organizadora das actividades e Gus Abreu, autor da exposición fotográfica.

Gastronomía, visitas guiadas, exposición, música e títeres forman a programación desta fin de semana para conmemorar en Tui a oitava Xornada Europea da Cultura Xudía, que este ano ten coma leitmotiv “Tendendo Pontes”. A Xornada desenvolverase de forma simultánea en 32 países europeos e en mais de 25 cidades españolas e, nas que se celebrarán distintas actividades conmemorativas.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, explicou que estas xornadas dinamizan culturalmente ó Concello, o que permiten impulsar o Concello a nivel socioeconómico. Apuntou o rexedor que a cidade está a ser un referente a nivel cultural e na organización de actividades, espello no que se están a mirar outros municipios.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, María José González, indicou que a presenza xudía na cidade é moi sinalada, e vén dende o século XII-XIII. A concelleira sinalou que Tui está como colaborador na Xornada, xa que non está incluída na Rede de Xuderías.

Esta fin de semana Tui mergúllase na Cultura Xudía

En Tui a programación para estes días é moi variada. Dende onte martes e até o 9 de setembro, poderase ver na Área Panorámica a Exposición fotográfica ”Tendendo Pontes”. O encargado de realizar as 20 fotos foi Gus Abreu, que fotografou imaxes das pontes mais relevantes do entorno tudense.

Dende este venres e ata o domingo celebraranse as Xornadas gastronómicas sefardíes. A oferta é ampla e poderán degustarse tanto menús completos coma tapas e os peixiños de améndoa das monxas ‘’Encerradas’’ como sobremesa obrigada, debido a súa relevancia histórica e relación innegable con conversos de Tui. Participan 6 locais da cidade: O novo cabalo furado, O vello cabalo furado, Tapas e viños, Mesón Adega, Happy Restaurante, Mesón Jaqueyvi.

Por outra banda, este venres, ás 21h. actuación para os máis cativos, ”O cego dos monifates”, de Viravolta Títeres, na Praza de San Fernando. Unha hora despois, ás 22h. Visita guiada pola xudería de Tui, con saída dende a Porta da Pía. O encargado será o historiador tudense Suso Vila, e onde se percorrerán os lugares da memoria xudía en Tui.

Para rematar, este domingo ás 19h. concerto de música renacentista de Caspervek Trío na Igrexa de Santo Domingo. A formación clásica dos seus compoñentes, unido á utilización de recursos do jazz, minimalismo, música electrónica ou o folk, conforman a paisaxe sonora deste trío.

Deja un comentario