+034 986 09 02 04 Xoves 19 de Xullo de 2018
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

Carmela Silva aposta pola colaboración público- privada para fixar o obxectivo do turismo a longo prazo como dinamizador da provincia


A Presidenta da Deputación firmou hoxe un convenio de colaboración co Clúster de Turismo de Galicia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aposta pola colaboración público-privada para establecer un plan a longo prazo e fixar o turismo como un sector dinamizador da economía da provincia. Así o manifestou tras a firma dun convenio de colaboración co Clúster de Turismo de Galicia para a celebración dunhas xornadas técnicas para o sector a finais de ano.
Silva sinalou que dende a institución provincial vense traballando para poñer en valor a riqueza da provincia de Pontevedra nas súas múltiples vertentes: natureza, cultura, patrimonio, gastronomía, enoloxía ou o termalismo “co obxectivo final de potenciar ás Rías Baixas como destino turístico de excelencia e acadar, cada ano, maior número de visitantes”, sinalou a Presidenta.
Ao mesmo tempo Carmela Silva adiantou os primeiros datos de visitas turísticas na nosa provincia nestes meses pasados. Así destacou que polas oficinas de turismo da provincia pasaron dende o 1 de xuño ate o 31 de decembro máis de 137.000 persoas o que significa máis do 12% de incremento con respecto aos datos de 2014.

O 51,52% homes e o 48,48% mulleres de entre 35 e 60 anos (47,17%) procedentes de España pero de fóra da nosa comunidade autónoma (75,07%). O 74,03% dos visitantes non coñecía a provincia de Pontevedra, alóxanse en hoteis (41,84%) durante 7 días e chegan ata as Rías Baixas en coche (70,15%). Os principais motivos que os levan a visitar as Rías Baixas son a natureza (44,77%) e a cultura (34,66%).

Carmela Silva destacou que estes datos son moi importantes para conocer cales son as potencialidades da provincia que nos permitan deseñar as próximas políticas de promoción do turismo “ademais de ratificar que o verán de 2015 foi moi positivo na nosa provincia.

Deja un comentario