+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

A Deputación de Pontevedra aposta pola cultura nesta derradeira semana de xullo con accións en oito concellos


 

Actuacións de grupos como De Vacas ou Amantes da Terra, obradoiros infantís e tres exposicións son parte da oferta cultural do entre provincial para esta semana
A Deputación de Pontevedra espallará a súa programación cultural esta derradeira semana de xullo por toda a provincia, realizando un total de 12 accións nos concellos de Silleda, Rodeiro, Lalín, Moaña, Soutomaior, Bueu, Vigo e Mondariz. A maioría das actividades levadas a cabo nestas oito vilas enmarcaranse dentro das programacións de “Musigal”, “Música no ar” e “Re-Acción nos Castelos!”.
Máis polo miúdo, as actuacións comezarán esta mesma noite co concerto inaugural de “Música no Ar” a cargo da sección de corda da Orquestra Clásica de Vigo. A actuación terá lugar ás 19.30 horas no Castelo de Soutomaior. Unha hora máis tarde, ás 20.30, Garufa Blue Devils Big Band interpretará o seu repertorio no Mosteiro de Caboeiro, en Silleda, dentro da programación de “Musigal”.
Para o xoves 30 de xullo o Estaleiro de Bueu encherase de “Música no Ar” co concerto do grupo Son Trío, que comezará ás 21.00 horas. O mesmo día, coa “Re-Acción nos castelos!”, a Deputación de Pontevedra levará ao castelo de Soutomaior dúas actividades. A primeira delas será un obradoiro titulado “Creando no xardín” e dirixido aos pequenos da casa, comezará ás 17.00 horas. Xa ás 19.30 horas dará comezo un
concerto titulado “A banda das apertas”, dirixido tamén ao público infantil.
A fin de semana chega cargada de actividades. O venres 31 “Musigal” levará a De Vacas á Praza da Igrexa de Lalín, a cita será ás 21.00 horas. Un pouco máis tarde, ás 23.00 horas, dará comezo o concerto de Amantes da Terra na Avenida Gumersindo Areán de Rodeiro. O mesmo día levarase a cabo de novo un obradoiro infantil no Castelo de Sobroso baixo o título de “Creando no xardín”, esta actividade enmárcase na programación de “Re-Acción nos Castelos!”. De cara ao sábado 1 de agosto “Musigal” achegará a Sés ao Palco da Música de Moaña ás 22.30 horas. A Deputación de Pontevedra tamén ten programadas varias exposicións que poden visitarse estes días. “Tecendo a natureza” é unha mostra que pon en valor a tradición da cestería a través das obras do último mestre cesteiro galego nesa modalidade, Enrique Táboas. A exposición pode visitarse ata o 30 de agosto na Praza de Abastos de Mondariz. Pola súa banda, a sede de Vigo da Deputación acolle a exhibición “8M. A palabra empoderada das mulleres”, unha obra colectiva de reivindicación feminista que poderá visitarse ata o 1 de setembro. Amais, no concello de Lalín o ente provincial expón ata o 6 de setembro a mostra “Pegadas na paisaxe. O patrimonio de Deza”, que busca dar a coñecer o rico patrimonio arqueolóxico da provincia. A exposición poderá visitarse no Pazo de Liñares ata o 6 de setembro.

Deja un comentario