+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

Este venres estará cortada toda a circulación ao tráfico na rúa Ezequiel Massoni


Os cortes afectarán ás entradas dos garaxes dende as 8:00 ata as 20:00.

Debido ás obras de acondicionamento do pavimento que se están a dar na Rúa Alcalde Ezequiel Massoni, o acceso ao tráfico na mesma estará cortado totalmente, incluídas as entradas aos garaxes e os servizos, este venres no horario de 8:00 a 20:00.
O remate do asfaltado da rúa obriga a este corte total de circulación de forma temporal, que xa esta habilitado no primeiro tramo da rúa.
Estas obras na Rúa Alcalde Ezequiel Massoni van adicadas a arranxar o seu pavimento que presentaba un aspecto degradado, afectado polo paso do tempo, con moitas roturas e con graves deficiencias no pintado e na sinalización das prazas de estacionamento.

Deja un comentario