+034 986 09 02 04 Martes 27 de Outubro de 2020

O Concello explicará aos veciños e veciñas de Vilar de Infesta os detalles da reforma do último treito da estrada do Galleiro


A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada por concelleiras e concelleiros do equipo de Goberno manterá unha xuntanza coas veciñas e veciños da parroquia de Vilar de Infesta o venres, 31 de xullo, ás 19 horas no Centro Cultural de Vilar.

Na reunión, o Goberno local explicará con detalle as obras que se realizarán para a reforma do último treito da EP-2906 –estrada do Galleiro–, entre Os Valos e Guizán.

Esta reunión era un compromiso do equipo de Goberno para que, a través de infografías e documentación gráficas, as veciñas e os veciños poidan ver in situ como quedará a obra unha executada.

 

Deja un comentario