+034 986 09 02 04 Xoves 29 de Outubro de 2020

O concello de Arbo mellorará o Parque Infantil de Barcela e colocará mobiliario no casco urbano


Importe da obra 19.354,96€.-

O Concello de Arbo, detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo.
Detectouse a necesidade de colocar unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.
Ante esta necesidade de contratar o proxecto “Subministro de Material para colocar en distintos puntos do Concello en Parque PAI Barcela e zonas Públicas Casco Urbano”, o Concello de Arbo solicitou subvención que foi concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos – Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2020, dentro da Liña 1 – Subministración
Coa execución das actuacións contempladas no presente proxecto preténdese acadar un múltiple obxectivo mellorar o servizo o cidada e a calidade do mesmo e mellorar a seguridade no parque infantil e buscase manter a imaxen e a conservación do patrimonio municipal e dotar de servizo adecuados as intalacións existentes, no caso do Parque Infantil dotase de balaustrada polo perigo que supon para os nenos e nenas que fan uso do citado parque – informa o alcalde de Arbo Horacio Gil, que remata “a seguridade dos veciños e veciñas de Arbo, é a prioridade deste goberno dende a súa chegada ao Concello de Arbo”

Deja un comentario