+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

Inaugurada a I edición de Stock Marín


As carpas, instaladas na Alameda Rosalía de Castro, estará ata o próximo domingo 2 de agosto en horario de 11:00 a 14:00 pola mañá e de 18:00 a 23:00 pola tarde 

Esta mañá inaugurouse a I edición de Stock Marín, organizado polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín xunto co Concello, que contará con carpas para 23 establecementos (das cales 19 serán para negocios propios da vila), de diferentes sectores como: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, xoieira, bixutería, informática, alimentación, papelaría, material escolar e xoguetería.
Nestas carpas, situadas na Alameda Rosalía de Castro, ofreceranse oportunidades con descontos de ata o 60% en diferentes produtos.
Esta feira de comercio local estará dispoñible ata o próximo domingo, día 2 de agosto, en horario de maña, de 11:00 a 14:00 e de tarde de 18:00 a 23:00.
A esta inauguración asistiron diferentes autoridades coma a Alcaldesa, María Ramallo; Sol Vázquez, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia; Cristina Acuña. Concelleira de Comercio e Turismo; Rodrigo Pastoriza, Xerente de Fecimo ; Mónica Tomé Xerente de Zona Monumental de Pontevedra; Enrique Núñez, Secretario Xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados de Pontevedra; Isabel Torres, Presidenta do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, que, entre outros aspectos, destacaron a importancia de dinamizar ó pequeno comercio, un dos sectores
mais afectados debido á crise derivada pola Covid19.
Esta iniciativa “ten connotacións diferentes a outros anos tendo que facer, coa axuda de Estrela de Marín, un circuíto con entradas e saídas para manter a seguridade dos asistentes en todo momento” afirmou a Alcaldesa.
Co Stock Marín pretendese dar visibilidade ao comercio local promovendo así que a xente merque neste tipo de establecementos de proximidade dinamizando a economía local.
“Esta crise deixounos a mensaxe de que foi o comercio de proximidade quen estivo ao noso lado cando outro tipo de establecementos non puideron atendernos, mesmo reiventandose por exemplo coa creación de mecanismos dixitais” destacou Sol Vázquez, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.

Deja un comentario