+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

O peirao de Arcade acolle mañá o espectáculo musical «A Casa do Terror»


O acceso é totalmente gratuíto pero contará con restricións de aforo para garantir o distanciamento social

O Concello de Soutomaior continua mañá coa súa programación de actividades culturais de verán cun novo concerto de música infantil e familiar. Trátase da presentación do novo espectáculo de Xoán Curial e a Banda do Verán, “A Casa do terror”. A actuación comezará ás 22:00 horas.
Despois de percorrer con éxito os escenarios galegos co seu espectáculo “Estamos non verán”, Xoán Curiel e a súa banda presentan un musical infantil moi rockeiro e divertido. En espectáculo inclúe cancións, danzas, elementos teatrais e, sobre todo, moita participación do público asistente.
O concerto será totalmente gratuíto, aínda que contará con restricións de aforo para manter as normas sanitarias. Ademais, será necesario atender ao resto de recomendacións e protocolos contra a Covid 19, como o uso de máscaras e o distanciamento social.

Deja un comentario