+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

Nova actividade para a mocidade: Obradoiro de cócteles sen alcol mañá sábado no mercado municipal


A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza mañá no mercado municipal o obradoiro de cócteles sen alcol enmarcado na programación específica deseñada para a mocidade. Ás 21 horas e respectando todas as medidas de seguridade e distancia sanitaria celebrarase esta actividade para mozas e mozos maiores de 12 anos.

Deja un comentario