+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

Concello de Nigrán e CineClub Alice Guy ofrencen este luns «La playa de los ahogados» coa presencia do escritor Domingo Villar


A película pon fin ao ciclo de cine ao aire libre iniciado en xullo con ‘O que Arde’ e ‘La Quimera del oro’

Concello de Nigrán e cineclub Val Miñor-Alice Guy finalizan este luns o seu primeiro ciclo de cinema ao aire libre ás 22:30 na Praza do Concello proxectando ‘La Playa de los Ahogados’ coa presencia de Domingo Villar, escritor vigués desta novela localizada boa parte en Nigrán e que deu orixe á película. A longametraxe de Gerardo Herrero ten tamén moita vinculación co municipio ao respectar estas localizacións da trama.

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a beira da praia da Madorra. Se non tivese as mans atadas, Justo Castelo sería outro dos fillos da mar que atopou a súa tumba entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación, o inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro de Panxón para esclarecer o crime, pero os veciños resístense a desvelar as súas sospeitas.

‘La playa de los ahogados’ pon fin ao ciclo iniciado en xullo con ‘O que Arde’ e apresencia do seu actor principal, Amador, e ‘La Quimera del oro’ con banda sonora en directo a cargo do guitarrista de Nigrán Felipe Villar.

Deja un comentario