+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

A Xunta elimina un punto de vertido de augas industriais ao Río de Ponte Nova, no concello de Pontevedra


Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que desenvolve Augas de Galicia, inspeccionaron a zona tras a notificación do Servizo de Emerxencias do 112
A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas industriais na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, no lugar de Rañadoiro, que afectaba ao río de Ponte Nova, afluente do río Ulló.
Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido desde Augas de Galicia, realizaron unha inspección na zona tras a notificación por parte do Servizo de Emerxencias do 112.
Os labores de comprobación levados a cabo polos técnicos da Xunta no lugar do Rañadoiro permitiron verificar que unha parte das augas de escorrega xeradas na actividade dunha empresa da zona non acadaban o sistema de depuración existente, e se vertían cara ao terreo circundante en condicións inadecuadas.
A Xunta notificoulle esta situación á entidade, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a súa emenda, procedendo a entidade a instalar unha canle de recollida perimétrica, que permitiu recoller a totalidade do caudal das augas de escorrega.
Augas de Galicia, nunha nova inspección, constatou que estas actuacións  permitiron a emenda da contaminación asociada a este punto.

Deja un comentario