+034 986 09 02 04 Xoves 26 de Novembro de 2020

Arbo celebra a semana gastronómica e a Gala da Lamprea como actos centrais da LX Festa da Lamprea e a XXV Festa da Lamprea Seca


A Semana Gastronomica, é a alternativa para o ano 2020 de celebración da Festa da Lamprea e a Festa da Lamprea Seca

O 14 de marzo de 2020 entrou en vigor o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no cal se estableceron medidas dirixidas a limitar a mobilidade da cidadanía que derivou nunha situación excepcional, o que supuxo para o Concello de Arbo, suspender todos os actos que tradicionalmente xiran en torno a LX Festa da Lamprea que este ano cumpria a súa sesenta edición.

A festa da lamprea no mes de Abril que este ano cumpria o seu sesenta aniversario, pretende poñer en valor o traballo feito en cada etapa polas diferentes corporacións municipais; polos Comités de Honra, polas comisións de festas; polas cociñeiras e cociñeiros, polos agricultores que colleitan o viño,
polos pescadores que traen o peixe; polos hostaleiros, polas asociacións veciñais, culturais e deportivas; e por todos os demais implicados, con especial mención aos pioneiros, pensadores da idea e creadores do “Día da Lamprea”, que desde a edición inicial albiscaron na gastronomía un feito de relevancia
socioeconómica e cultural, non podía quedar este ano no olvido e sen celebración .

 

A primeira Festa da Lamprea Seca tivo lugar no ano 1996, sendo concelleiro de cultura o actual alcalde, Horacio Gil, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica, poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, que permiten, desta maneira, degustala durante todo o ano, é como non podía ser de outra maneira a XXV Festa da Lamprea, cumprira o seu 25 aniversario dacordo a situación de crise sanitaria actual

O Sector turístico, clave na economía local, foi un dos máis prexudicados pola crise, con todos os seus establecementos pechados. Co agravante de que a pandemia chegou cando arrancaba a tempada da Lamprea, un período fundamental para a rendibilidade cafeterias, bares, restaurantes, casas de
turismo rural…. Ademais, afectou de cheo o mes de abril, donde ademais de conincidir a semana santa, se celebra tamén a festa da Lamprea.

Dende o Concello de Arbo e dentro do plan de reactivación redactado e presentado aos todos os sectores esta a celebración da LX Festa da Lamprea e a XXV Festa da Lamprea adaptada as circunstancias do COVID-19, atopase contemplada a celebración de actos evitando aglomeracións pero que permite
aos visitantes e peregrinos disfrutar de este manxar delicioso como é a Lamprea, que ademais e o sinal de identidade da Vila de Arbo.

O primeiro menú que servirán Restaurante os Pirus estes nove días custa 25 euros e inclúe catro pratos: empanada de lamprea, lamprea rechea con salpicón, lamprea seca afumada con fideos e chícharos, de sobremesa postre según carta de restaurante e café. A segunda opción, de cinco pratos, custa 30 euros e inclúe empanada de lamprea, lamprea rechea con salpicón, lamprea  seca asada ou frita, lamprea seca afumada con fideos e chícharos, postre según carta de restaurante e café.

 

A Semana Gastronómica está dirixida tamén a aqueles que están a pasar as súas vacacións na comarca ou os arredores, para que veñan gozar deste manxar exquisito tradicional de Arbo, cuxa preparación se foi transmitindo de xeración en xeración e para todos os que ano tras ano son fieis a Tempada da Lamprea e a degustación nos días da Festa, da Lamprea na Carpa de Arbomostra – manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil. A festa da Lamprea, é a festa gastronómica máis antigua de Galicia, eleva a degustación desta exclusiva exquisitez ao estatus de culto. Xa os emperadores romanos facían que lles levaran lampreas das nosas "pesqueiras" a Roma, e o último fin de semana de abril son milleiros de persoas as que se acerquen a Arbo para cumprir coa súa peregrinaxe anual ao templo da lamprea – remata Horacio Gil.

Os actos da LX Festa da Lamprea e da XXV Festa da Lamprea Seca tamén teran cine e máxia, e rematarán coa Gala da Lamprea que terá lugar o día 9 de agosto na Praza Consistorio, donde se ten programado a entrega de premios do Concurso de redacción e debuxo do CEIP Antonio Carpintero, premiados do concurso do Cartel da LX Festa da Lamprea e do Certame Brais Alonso, así como a entrega de diplomas aos voluntarios e voluntarias que coa súa solidaridade teceron mascarillas reutilizables para os comercios, empresas e veciños e veciñas de Arbo, as adegas que puxeron a disposición a súa
maquinaria para desinfección de lugares públicos e aos voluntarios que desinfectarón, así como o final do acto se descubrira unha placa a favor do pobo de Arbo, Arbense Distinguido 2020 polo seu comportamento exemplar durante a Crise Sanitaria que afectou a todo o mundo.

Deja un comentario