+034 986 09 02 04 Mércores 05 de Agosto de 2020

Os veciños de Cendón (A Lama) honran á Virxe dos Dores en tempos de covid-19


Os veciños e veciñas de Cendón, en Seixido (A Lama) honraron esta mañá á Virxe dos Dores acompañando ás imaxes desde a capela ata o campo da festa onde se oficiou unha misa solemne.

Os veciños, provisto de máscaras e mantendo ao máximo as medidas de seguridade e distanciamento, sacaron da capela a imaxe da Virxe dos Dores e da Guadalupe e leváronnas ata o campo da festa facendo un percorrido polo centro da aldea acompañadas por un nutrido grupo de persoas entre as que estaban o tenente de alcalde Jorge Méndez.

Unha vez que as imaxes chegaron ao campo da festa deu comezo a misa solemne que se celebrou sen procesión por mor das restriccións marcadas polo Covid-19.

Deja un comentario