+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

O Concello realizará unha edición ampliada do programa da Festa do Marisco


Trátase dunha revista que conterá o programa e toda a información dos eventos da Festa e que aportará un elemento informativo adicional ó evento

O Concello do Grove ven de asinar un convenio coa empresa Editorial Mic para editar un programa ampliado da Festa do Marisco. Segundo o acordado a empresa farase cargo dos custes de edición dos programas de man e do programa ampliado da Festa ademais de facer unha pequena aportación económica, reducindo notablemente os gastos neste apartado, mentres que, a cambio, comercializará a publicidade do programa.

Deste xeito o Concello continúa facendo avances na racionalización dos elevados gastos que a Festa do Marisco viña supoñendo para as arcas municipais. A demora acumulada na presentación da Festa responde tanto a falta de tempo tras o cambio do goberno como a busca de acordos e apoios para mellorar os resultados e evitar as notables perdas de anos anteriores. Nos vindeiros días procederase a dar cumprida conta do programa de actividades así como das novidades plantexadas nesta 52 edición.

Deja un comentario