+034 986 09 02 04 Luns 23 de Novembro de 2020

Presentadas as bases polas que se regula o Espazo de Innovación Alimentaria de Marín


O centro está situado nas instalacións do Parque Azul e conta cunha aula gastronómica e de showcooking ademais de tres despachos independentes e outros dous espazos a maiores, unha sala de reunións e baños totalmente equipados.

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) deu a coñecer a bases polas que se regula o Espazo de Innovación Alimentaria situado no Parque Azul de Marín.
As presentes bases teñen por obxecto a regulación do funcionamento deste espazo, co que se quere atraer de xeito importante o emprendemento á nosa vila, establecendo o procedemento de adxudicación de espazos, a relación entre os cesionarios e o órgano de xestión do EEIA, a normativa de réxime interno, e o réxime económico.
O centro está situado nas instalacións do Parque Azul, con acceso dende o casco urbano da vila e conta con: aula gastronómica e de showcooking cunha superficie de 85,83 m2 e tres despachos independentes de 17,97 m2, 16,27 m2, e 21,38 m2 respectivamente.
Ademais, existen outros dous espazos a maiores, unha sala de reunións e baños totalmente equipados.
O obxectivo principal da implantación deste espazo é o de dar ao Concello de Marín a posibilidade e o impulso necesario para responder a unha demanda das empresas de toda a provincia nun lugar inmellorable e coa mellor comunicación posible.
Ademais, a posta en marcha do EEIA por parte do Concello (e xestionado por AJE) ten, entre outros, os seguintes obxectivos:
– Favorecer a promoción das empresas do sector alimentario e dos produtos locais facilitando o espazo do EEIA para demostracións de produtos innovadores, showcookings, e diversas actividades que poidan xurdir da asociación coas empresas
– Servir como espazo formativo especializado no sector da alimentación
– Contribuír á creación, impulso e consolidación de novos proxectos empresariais.
O servizos que porá a disposición dos beneficiarios serán os seguintes:
– Información e asesoramento en temas de emprendemento.
– Servizo de limpeza e mantemento.
– Iluminación.

– Climatización.
– Liña telefónica e conexión a internet.
– Uso de zonas comúns
Neste senso, e a efectos de control interno, os cesionarios deberán solicitar ao órgano de xestión do EEIA, a utilización dos espazos de uso común.
O obxectivo da EEIA é funcionar como un proxecto aberto, dinámico e innovador, no que se cren sinerxias económicas e sociais con institucións, asociacións ou entidades de diversa índole que teñan influencia na área comarcal e que poidan atopar neste espazo unha oportunidade de negocio e de creación de novas ideas empresariais no ámbito alimentario.
Para coñecer a fondo os requisitos tanto para ser cesionario do centro coma a capacidade así coma as solicitudes necesarias e os baremos para poder optar a un dos postos do EEIA, consultar na páxina web da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra na seguinte ligazón: http://www.ajepontevedra.es/bases-polas-que-se- regula-o-espazo-emprendedor-de-innovacion-alimentaria/

Deja un comentario