+034 986 09 02 04 Domingo 27 de Setembro de 2020

O Peirao de Arcade acolle mañá o musical familiar de «El Libro de la Selva»


O acceso é totalmente gratuíto pero contará con restricións de aforo para garantir o distanciamento social

O Concello de Soutomaior continua mañá coa súa programación de actividades culturais de verán cun novo concerto de música infantil e familiar. Trátase da presentación da representación dun dos clásicos da literatura universal «El Libro de la Selva» . A actuación comezará ás 22:00 horas.
Esta adaptación do texto de Rudyard Kipling revive as aventuras do neno Mowgli, abandonado no máis profundo da selva india e adoptado polo oso Baloo e a pantera Bagheera. Xuntos viven unha historia chea de valores como a camaradería, o sentido de comunidade e a tolerancia. O espectáculo inclúe cancións, danzas, elementos teatrais e, sobre todo, moita participación do público asistente.
O concerto será totalmente gratuíto, aínda que contará con restricións de aforo para manter as normas sanitarias. Ademais, será necesario atender ao resto de recomendacións e protocolos contra a Covid 19, como o uso de máscaras e o distanciamento social.

Deja un comentario