+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

Porriño acollerá un curso de cociña creativa dos itinerarios formativos «Coas mans na masa»


As cociñas do Centro Multiusos de Torneiros, dependentes do Concello do Porriño, acolleran a finais do presente mes, un curso de cociña creativa que impartirá o chef galego Iván Méndez, orientado a persoas cunha actividad laboral ligada ao sector hostaleiro.
Esta actividade forma parte dos itinerarios formativos “Coas mans na masa” que propon a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural que retoma a súa programación despois dos meses de forzosa paralización polo estado de alarma.
“Eu Rural” conta coa colaboración do Concello que facilitará as instalacións de cociña no Multiusos de Torneiros para o curso que terá lugar os días 31 de agosto, 1 e 2 de setembro, en horario de tarde.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario habilitado para este curso na  páxina web de Eurural https://eurural.org/formulario-coas-mans-na-masa-2020- profesionais/.
O curso será de balde e poderán asistir como máximo 15 participantes. En canto ao contido do mesmo, o chef galego Iván Méndez proporá novas formas de empregar os produtos locais para a elaboración de pratos creativos, innovadores  e novidosos. Iván Méndez é un experto en cociña creativa, de recoñecida reputación, gran capacidade de comunicación e ampla experiencia na celebración de eventos de cociña, gastronomía e turismo, ademais de ser o “chef de cabeceira” no programa de Eu Rural “Un Chef no Rural”.

Deja un comentario