+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

O PSOE de Ponteareas condena publicamente as agresións sufridas pola Policía Local


O PSOE de Ponteareas traballará no seo do Goberno Municipal para unha maior coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil.
A zona onde se produciron os feitos é unha zona recentemente humanizada e onde se atopa moita xente polas noites ao ser un sitio onde se sitúan moitas terrazas e a configuración do espazo urbano convida a facer un goce da zona.
Feitos como os ocorridos a noite anterior son absolutamente reprochables, condenables e nada excusables.
Desde o Partido Socialista, como socios de goberno, e aínda que nesta lexislatura non teñen competencias na materia, puxéronse en contacto inmediatamente co concelleiro da área para trasladarlle a necesidade de realizar polas noites das fins de semana da época estival un maior control nestas zonas de lecer. O PSOE recomendoulle ao concelleiro, o Sr. Mera, que realice accións conxuntas coa Garda Civil tal e como se fixeron na anterior lexislatura cando a área de seguridade era xestionada pola socialista Vanesa Fernández. Así foi esta concelleira quen lle lembre ao Sr. Mera que as accións conxuntas entre Policía Local e Garda Civil deron moi bos resultados e é imprescindible para garantir a boa convivencia entre os veciños e a xente que goza do lecer nocturno.
Desde o Partido Socialista queremos agradecer o labor realizado pola Policía Local en todo momento para tratar de garantir a seguridade e a convivencia de todos e desexan unha pronta recuperación aos dous axentes que foron vítimas da agresión da pasada noite.
Na mesma liña o PSOE solicitoulle ao concelleiro de tráfico, o Sr. Mera, que ostenta as competencias de postos ambulantes, que é necesario garantir que se estean cumprindo as medidas de seguridade e sanitarias necesarias fronte ao coronavirus durante o desenvolvemento da feira en Ponteareas. O PSOE recibiu numerosas queixas de veciños e veciñas que están a ver como moitos feirantes
non respectan estas medidas e por iso trasladáronllo inmediatamente ao concelleiro delegado.

Deja un comentario