+034 986 09 02 04 Mércores 30 de Setembro de 2020

O Concello do Grove realiza reparacións no sendeiro da Lanzada


Trátase do sendeiro creado na zona do sanatorio da Lanzada.

O Concello do Grove puxo en marcha accións para reparar o sendeiro de xabre que se abriu o pasado ano na zona do sanatorio. Trátase dun pequeno camiño de gran beleza, nun lateral da duna da Lanzada, que une a propia praia coa zona anterior do centro vacacional. Ao tratarse dun camiño de xabre (o único tipo de actuación admitida nunha zona de alta protección medioambiental) que se atopa nunha zona húmida, é importante o seu mantemento e coidado, polo que o Concello exerce un seguimento continuado deste sendeiro. A semana pasada reparouse parte do firme e das rochas que delimitan o perímetro do camiño, que xa está dispoñible para o seu desfrute.

Deja un comentario